CIREF e USC promovem o reconhecimento internacional de Terras do Miño–Serra do Xistral

Terras do Miño–Serra do Xistral entrou na lista de paisagens emblemáticas a nível mundial (Global Flagship Landscape) da Wetlands International.

Serra do Xistral

O equipo do GEMAP–CISPAC/USC, coa participación de CIREF, promoveu esta candidatura no marco do proxecto europeo SpongeBoost (Horizon Europe), situando as turbeiras galegas no mapa mundial da conservación de humidais.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2026

A Reserva da Biosfera Terras do Miño, e de maneira moi destacada as turbeiras da Serra do Xistral, incorpórase á rede de Global Flagship Landscapes promovida por Wetlands International (https://www.wetlands.org/publication/wetlands-for-life-2026-35/), unha organización de referencia global en conservación e restauración de humidais. Este fito internacional reforza o papel das turbeiras atlánticas do noroeste ibérico como ecosistemas singulares e estratéxicos para a biodiversidade, a regulación hidrolóxica e a acción climática.

A iniciativa foi liderada cientificamente polo profesor Xabier Pontevedra Pombal e membros do GEMAP–CISPAC/USC/, e do CIREF (https://cirefluvial.com/), e desenvolveuse no contexto de SpongeBoost (https://spongeboost.eu/), proxecto de Horizon Europe que procura escalar a función “esponxa” dos ecosistemas de auga doce e solos: reter auga no territorio, amortecer extremos hidrolóxicos e xerar beneficios múltiples para sociedade e natureza mediante solucións baseadas na natureza. O traballo que se está a desenvolver enmárcase, así mesmo, na tese de doutoramento de Aniela Stachnik-Pérez, dirixida polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela Xabier Pontevedra Pombal (Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola) e Horacio García (Departamento de Xeografía), titulada “Avaliación hidrolóxica da función esponxa das turbeiras das Serra do Xistral para o desenvolvemento de estratexias de xestión sustentable.

Un espazo biosférico de gran escala e alta diversidade

Terras do Miño foi declarada Reserva da Biosfera no ano 2002 e abrangue 363.668,9 ha e 26 concellos na conca alta do río Miño. No seu ámbito intégranse espazos da Rede Natura 2000, entre eles a ZEC Serra do Xistral (22.964 ha), onde se localiza un conxunto salientable de Querogais húmidos, e o principal núcleo de turbeiras do sur de Europa.

Que implica ser Global Flagship Landscape

Na estratexia global Wetlands for Life (2026–2035), Wetlands International aposta por fortalecer o seu traballo en 12 “flagship landscapes” como territorios demostrativos nos que a acción sobre humidais pode acelerar cambios transformadores. A organización lembra que os humidais sosteñen servizos ecosistémicos de valor económico moi elevado, malia teren sufrido unha perda global moi significativa desde comezos do século XX.

Para Terras do Miño–Serra do Xistral, que é o único territorio europeo nesta rede, o recoñecemento tradúcese en visibilidade internacional, maior capacidade de cooperación técnica e impulso de proxectos de seguimento e restauración. Mais tamén supón unha responsabilidade: manter a integridade hidrolóxica das turbeiras, previr degradacións e demostrar resultados medibles de conservación e mellora ecolóxica.

“Este recoñecemento reforza o papel e a responsabilidade da USC na ciencia aplicada á conservación: as turbeiras son infraestruturas naturais para a auga, o clima e a biodiversidade, e a súa protección é unha prioridade compartida coa sociedade e coas administracións”.

Sobre SpongeBoost

SpongeBoost é un proxecto de Horizon Europe cun consorcio internacional que elabora unha folla de ruta e recomendacións para incrementar ou restaurar a retención natural de auga no territorio, aliñada coas políticas europeas de adaptación climática e conservación da biodiversidade.

Compartir en:

Inscreva-se na nossa newsletter

Receba novidades sobre rios, gestão fluvial e as atividades do CIREF diretamente no seu e-mail.


Ao enviar este formulário, aceita receber a newsletter do CIREF. Pode cancelar a sua inscrição a qualquer momento. Mais informações na nossa política de privacidade.

Premio
Premio a la Gestión Sostenible del Agua 2025 de la Fundación Botín
Português
Diploma premios del agua 2025